Estás enAberto o prazo para envío de comunicacións

Aberto o prazo para envío de comunicacións


O VI Foro da Cidadanía e Comunicación inclúe a publicación daquelas comunicacións que seleccione o Comité Cientifico. Os resumos das comunicacións deberán chegar por correo electrónico ao enderezo info@forocidadania.org até o día 16 de outubro de 2010. A notificación das comunicacións aceptadas será o día 30 de outubro de 2010. O envío do texto completo finaliza o día 2 de novembro de 2010.

Un Comité Científico de carácter internacional avaliará a calidade, pertinencia e oportunidade das comunicacións achegadas ao VI Foro e permitirá ante o plenario a lectura de até 10 exposicións de propostas e proxectos de investigación.

Áreas temáticas preferentes – non excluíntes - :

  • Concepto de Migración e de Migrante no campo da comunicación.
  • Dereitos e deberes comunicativos do migrante.
  • Boas prácticas profesionais respecto da migración e dos migrantes.
  • Tipos, características e contextos das mensaxes periodísticas referentes á migración e aos migrantes.
  • Influencia política e social dos discursos dos medios respecto da migración e dos migrantes.
  • Comunicación das políticas de Migración e da cultura de destino na poboación migrante.
  • Discurso e rol das ONGDs na comunicación aos Migrantes.
  • Discurso e rol das asociacións de migrantes respecto da comunicación e dos medios de comunicación.
  • Tipos, características e proxección dos medios de comunicación da Migración.
  • Papel das Novas tecnoloxías na comunicación da migración e dos migrantes.
  • Dinámicas de participación nos medios de comunicación dos migrantes.
  • Comunicación nas comunidades de migrantes e a vida social e cotiá.
  • Concepto de diáspora e formas de comunicación das diásporas.
  • Comunicación, migración e cidadanía.
  • Conflictos internacionais e migración na comunicación da Migración.
  • Comunicación como instrumento de superación de conflictos entre culturas.
  • Medios e emigración galega.
  • Valor da experiencia migratoria galega como coñecemento para a conciliación e para o desenvolvemento de recursos e políticas da migración.

ABSTRACTS

Os abstracts non deberán superar as 200 palabras e dentro deben ir destacadas as palabras chave. Enviaranse mediante o link Contacta - Enviar comunicación.

COMUNICACIÓN COMPLETAS SELECCIONADAS

As comunicacións completas seleccionadas serán enviadas en formato Word ou pdf. A A extensión máxima será de 10 folios DIN A-4, cun espazo interlineal de 1,5. A fonte será  Times New Roman, corpo 12. Na comunicación respetarase unha marxe de 3 cm nos catro lados en cada folio. O título, epígrafes, subepígrafes, así como  autor/es e máis a universidades que pertencen, irán en negriña. Todas as páxinas deberán ir numeradas.  Xunto ao texto das comunicacións os autores deberán adxuntar unha pequena biografía profesional de non máis de 5 liñas.

IMPORTANTE

Para que a lectura da súa comunicación sexa considerada polo Comité Científico deberá aboar 50 euros nunha conta que se lle facilitará tras o envío do abstract.



Histórico

PATROCINADORES

Secretaría Xeral de Emigración

 

Ministerio de Trabajo e Inmigración