Estás en


Aberto o prazo para envío de comunicacións sticky icon

O VI Foro da Cidadanía e Comunicación inclúe a publicación daquelas comunicacións que seleccione o Comité Cientifico. Os resumos das comunicacións deberán chegar por correo electrónico ao enderezo info@forocidadania.org até o día 16 de outubro de 2010. A notificación das comunicacións aceptadas será o día 30 de outubro de 2010. O envío do texto completo finaliza o día 2 de novembro de 2010.

Matrícula no VI Foro

Aínda que o plenario do foro é aberto ao público o alumnado da usc que desexe participar no VI Foro (foro, obradoiro e visionado -ver programa-) para obter certificado de asistencia ou outros beneficios que atenden  ás titulacións a extinguir (non así aos graos) debe facer unha pre-matrícula emitindo a o correo matricula@forocidadania.org a seguinte documentación escaneada nun arquivo informatizado:

a) Formulario da pre matricula (ver modelo ao final)

b) Breve bio e interese polo tema, máx 1 páxina. Ten que asinala.

c) Copia do DNI por ámbalas dúas caras.

Entre os días 1 ao 16 de outubro do 2010. A matrícula é gratuita, pero haberá unha prelación até os 20 alumnos, máis 5 en agarda polo orden de matrícula e a bio presentada.

Migración e Medios

VI FORO DA CIDADANÍA E DA COMUNICACIÓN

Migración e Medios: Migración nos Medios; Medios da Migración.

8-12 NOVEMBRO 2010

FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

A migración  é unha condición que define o estatuto do humano e un feito determinante da súa propia historia. O tempo no que o ser humano acomodou é moi curto respecto do tempo do que aínda era un ser migrante.

A Condición migratoria medra "onde é posible imaxinar unha maior libertade, unhas mellores condicións de vida e un proxecto máis satisfactorio de realización persoal e familiar" (García Roca: 2010)

Na actualidade un de cada trinta e cinco seres humanos no mundo é un migrante (Rifkin: 2010)