Estás enMatrícula no VI Foro
Matrícula no VI Foro
Aínda que o plenario do foro é aberto ao público o alumnado da usc que desexe participar no VI Foro (foro, obradoiro e visionado -ver programa-) para obter certificado de asistencia ou outros beneficios que atenden ás titulacións a extinguir (non así aos graos) debe facer unha pre-matrícula emitindo a o correo matricula@forocidadania.org a seguinte documentación escaneada nun arquivo informatizado:
a) Formulario da pre matricula (ver modelo ao final)
b) Breve bio e interese polo tema, máx 1 páxina. Ten que asinala.
c) Copia do DNI por ámbalas dúas caras.
Entre os días 1 ao 16 de outubro do 2010. A matrícula é gratuita, pero haberá unha prelación até os 20 alumnos, máis 5 en agarda polo orden de matrícula e a bio presentada.
A selección final será publicada nesta páxina web e os seleccionados deberán, logo, confirmaren mediante o correo electrónico a súa disponibilidade a seguir a formación do vi foro, cando sexan avisados, e nun prazo de non máis de dous días ao recibo de dita comunicación.
Para obter o certificado ou outros beneficios incluídos en titulacións a extinguir que a organización solicitara das instititucións universitarias, os alumnos deben garantir o 100% de asistencia. Advírtese de que haberá follas de sinatura diaria que deben asinar para a comprobación da asistencia por parte da organización. A organización, no prazo dunha semana ao remate do vi foro deberá recibir un resumo por parte dos alumnos (de 3 min. A 5 páx. Máx.) sobre o seguemento das actividades realizadas para recibir calquera certificación que solicite. A organización dirá no seu momento onde os alumnos deben depositar tal escrito.
Formulario (deben cumprimentarse todos os apartados):
- nome e apelidos:
- curso:
- titulación:
- enderezo habitual (non o ocasional):
- teléfono:
- correo electrónico:
- idiomas e nivel:
- cursiños relacionados co tema do vi foro recibidos:
- outros cursiños recibidos:
- traballo/ prácticas nos medios? (medio e ano. Defina a súa situación):
- prácticas en voluntariado? (asociación ou organización e ano):
- pertence vde. A algunha asociación ou organización que traballe con migrantes ?( cal e dende cando)
- é vostede, ou considérase, migrante (defina)?
- Disfruta vde. Dunha bolsa de estudos ou pertence a un programa de intercambio (defina)?
- Vai requerir crtificado ou outro beneficio suxeito ás titulacións a extinguir (defina)?
- Ten garantía de asistencia ao 100% das actividades do vi foro (indique situación)?
Calquera outra información dirixida á organización do VI Foro deben remitila tamén a matricula@forocidadania.org no mesmo prazo de pre matrícula. Trala selección a información do vi foro pode solicitala directamente no despacho cai 3, no primeiro andar da facultade de ciencias da comunicación (campus norte) do martes ao xoves e de 10:00 a 13:00 horas a partires do día 19 de outubro até as datas da celebración do Foro.











